Arquivo editorial

Biblioteca

Neste espazo poderás atopar diferentes publicacións, dende libros e artigos ata folletos e outros documentos de interés, que fan referencia á comarca de Caldas, á súa Historia e ao seu Patrimonio Cultural.

14 publicacións
Todas Baldaquinos (1) Festas (1) Tesouro (1) Campás (1)
Investigación
Cabrejas Domínguez, Elena e Santos Éstevez, Manuel. 2023. O Santuario de Laxe dos Bolos
Artículo Outubro 2023

Cabrejas Domínguez, Elena e Santos Éstevez, Manuel. 2023. O Santuario de Laxe dos Bolos

Publicación sobre os traballos realizados no petróglifo de Laxe dos Bolos. Consulta na Biblioteca Municipal.

Ler artigo
Investigación
Salgado, Fernando. 2021. A Luz de Caldas
Artículo Xuño 2021

Salgado, Fernando. 2021. A Luz de Caldas

Consulta na Biblioteca Municipal

Ler artigo
Investigación
Rivera Sequera, Álvaro. Baldaquinos pétreos en la Baja Edad Media en la provincia de Pontevedra
Artículo Agosto 2020

Rivera Sequera, Álvaro. Baldaquinos pétreos en la Baja Edad Media en la provincia de Pontevedra

Neste traballo analízanse, entre outros, os baldaquinos pétreos das igrexas de Santa María de Caldas, Santa María de Bemil, Santo André de Cesar e o da capela de San Roque de Caldas, o do Santuario dos Milagres de Amil e o de San Pedro de Rebón en Moraña, ou o de San Breixo de Arcos de Furcos en Cuntis . Pode consultarse o traballo completo na seguinte ligazón https://es.scribd.com/document/640039659/Untitled

Baldaquinos
Ler artigo
Investigación
Cabrejas, E., Quintía, R. et al. 2018. O Patrimonio Inmaterial de Bemil
Artículo Agosto 2018

Cabrejas, E., Quintía, R. et al. 2018. O Patrimonio Inmaterial de Bemil

Traballo promovido polas Comunidades de Montes Veciñais da parroquia de Santa María de Bemil, que recolle parte do patrimonio inmaterial da parroquia, un patrimonio extremadamente fráxil por ser fundamentalmente de transmisión oral ou requerir dalgún tipo de participación ou acción individual ou colectiva que, de non manterse, podería condenalo á desaparición. No estudo abórdanse tres exemplos paradigmáticos: a emblemática Festa do Ramo, as reliquias de San Xusto Mártir (que aínda que son elementos materiais teñen asociado un interesante proceso social de adquisición, rexistro cerimonial e incorporación á liturxia) e o ritual curativo da fonte do Anghenido.

Documento
Ler artigo
Investigación
Salgado Sáenz, Luis María. 2015. Caldas de Reis: Los hermanos Salgado y M. Murguía
Artículo Outubro 2015

Salgado Sáenz, Luis María. 2015. Caldas de Reis: Los hermanos Salgado y M. Murguía

Dispoñible na seguinte ligazón https://caldasdereisysalgado.wordpress.com/los-hermanos-salgado-y-m-murguia/

Ler artigo
Investigación
García Alonso, Celso. 2012. As Campás Galegas. Fundicións
Investigación
Olivera Serrano, César. 2000. El Ocaso de las Fortalezas Compostelanas. Visitas y tasaciones (1535-1547).
Artículo Agosto 2000

Olivera Serrano, César. 2000. El Ocaso de las Fortalezas Compostelanas. Visitas y tasaciones (1535-1547).

Traballo fundamentado nunha fonte documental idónea para o estudo das fortalezas da mitra compostelana, entre elas a Torre de Dona Urraca ubicada en Caldas. As visitas e tasacións do período 1535-1547, aínda sendo a continuación lóxica do pleito Tabera-Fonseca, non gardan a máis mínima relación cos episodios da guerra irmandiña ou da Hermandad dos Reis Católicos. Da súa lectura despréndese o estado físico das fortalezas da mitra entre os anos vinte e cuarenta do século XVI, á marxe dos episodios xa citados.

Documento
Ler artigo
Investigación
Rodríguez Dacal, Carlos. 1999. El Parque-Jardín y Carballeira de Caldas de Reis
Investigación
Domato Castro, Xoán M. e Comendaror Rey, Beatriz. 1998. El Tesoro Desencantado
Artículo Agosto 1998

Domato Castro, Xoán M. e Comendaror Rey, Beatriz. 1998. El Tesoro Desencantado

Publicación sobre o Depósito das Silgadas que permite coñecer por que é un achado excepcional. Descríbese como se atopou e a relación con outros achadose analízanse os seus tres aspectos máis salientables: a forma e o peso das pezas recuperadas e as técnicas coas que foron elaboradas.

Documento
Tesouro
Ler artigo
Investigación
Rodríguez González, Ángel. 1984. Las Fortalezas de la Mitra compostelana y los "Irmandiños".
Artículo Agosto 1984

Rodríguez González, Ángel. 1984. Las Fortalezas de la Mitra compostelana y los "Irmandiños".

Recolle as testemuñas do Pleito Tabera - Fonseca, fonte indispensable para a comprensión da historia galega do século XV. Declaracións de preto de duascentas testemuñas que presenciaron, escoitaron ou tomaron parte no conflito. Presenta tamén o clima histórico das loitas nobiliarias e comprende unha descrición das numerosas fortalezas galegas que foron derrocadas durante esas loitas, entre elas a torre de Dona Urraca de Caldas.

Ler artigo
Investigación
Programa festas patronais 1972
Artículo Agosto 1972

Programa festas patronais 1972

Documento
Festas
Ler artigo
Investigación
Salgado, Laureano. 1901. Paliques
Artículo Setembro 1901

Salgado, Laureano. 1901. Paliques

Laureano Salgado publicou baixo o seudónimo de Fray Prudencio estes dous tomos do denominado Paliques n'a veira d'o adro, redactados en lingua galega e que consisten nunha recopilación dos artigos a modo de diálogo ou "paliques" que fora escribindo e publicando semanalmente no seu periódico “Fray Prudencio”, impreso en Caldas. O obxectivo principal destes diálogos era animar aos agricultores a plantar remolacha para a azucreira que estaba a poñer en funcionamento en Portas. Un exemplar orixinal destes volumes foi doado á Biblioteca Municipal de Caldas por Luis M. Salgado en 2026. Podes consultar o contido destes volumes na seguinte ligazón https://caldasdereisysalgado.wordpress.com/paliques-na-veira-do-adro/

Ler artigo
Email