Laureano Salgado publicou baixo o seudónimo de Fray Prudencio estes dous tomos do denominado Paliques n'a veira d'o adro, redactados en lingua galega e que consisten nunha recopilación dos artigos a modo de diálogo ou "paliques" que fora escribindo e publicando semanalmente no seu periódico “Fray Prudencio”, impreso en Caldas. O obxectivo principal destes diálogos era animar aos agricultores a plantar remolacha para a azucreira que estaba a poñer en funcionamento en Portas. Un exemplar orixinal destes volumes foi doado á Biblioteca Municipal de Caldas por Luis M. Salgado en 2026. Podes consultar o contido destes volumes na seguinte ligazón https://caldasdereisysalgado.wordpress.com/paliques-na-veira-do-adro/