Histórico de excursións, conferencias, obradoiros e encontros realizados
Igrexa de San Tomé de Caldas de Reis
Concerto de ópera coa actuación de Montserrat Martí Caballé, Simona Todaro-Pavarotti, Luis Santana, Dolores Crespo e o pianista Víctor Carbajo. En colaboración coa Deputación de Pontevedra e o Concello de Caldas. Integrado nos actos de conmemoración do 900 aniversario da coroación de Afonso VII.
Ver detalles
Caldas de Reis
Triloxía de vídeos curtos con información e consellos para unha boa visualización da eclipse. Os vídeos (guión, imaxe, interpretación e edición) foron elaborados por membros de Terra Calda e contaron coa participación especial do catedrático de física Jorge Mira.
Ver detalles
Saiar, Caldas de Reis
Visita arqueolóxica ao santuario rupestre de Laxe dos Bolos, no marco do Festival Atlántica. Coa colaboración especial da arpista Nuria de León e da Asociación Terra Calda, a Comunidade de Montes de Saiar e o Concello de Caldas.
Ver detalles
Crowfunding aberto a colaboración cidadá para financiar a construción dunha estatua do rei Afonso VII na conmemoración do 900 aniversario da súa coroación. Este proxecto é posible grazas a ampla participación da veciñanza e empresas.
Ver detalles
Caldas de Reis
Ciclo de tres conferencias a cargo de Francisco Rodríguez Sánchez, María Teresa Álvarez e Xosé Manuel Sánchez Sánchez e distintos actos musicais, concretamente un concerto da Escola Municipal de Música e a interpretación dun Te Deum gregoriano por parte dun organista e un cuarteto especializado en música medieval.
Ver detalles
Auditorio de Caldas de Reis
Proxección dun vídeo-documental inédito realizado no ano 1992 por Xoán Domato Castro "Chicho" no que entrevista a D. Amalio Touceda, descubridor do Tesouro de Caldas. O vídeo foi facilitado á nosa Asociación por Daguerre Dixital; a calidade do son era escasa, de maneira que o tratamos con axuda do persoal do INCIPIT-CSIC para presentalo a veciños e veciñas en decembro de 2025, con motivo dos 85 anos do descubrimento. Posteriormente procedimos tamén a subtitulalo para difundilo en aberto. Porén, foinos imposible tratar a imaxe.
Ver detalles
Auditorio de Caldas de Reis
Acto para pechar o 125 aniversario da posta en funcionamento da Fábrica da Luz de Segade no ano 1899. Na mesa redonda fíxose o exercicio de expoñer os aspectos históricos, as necesidades estruturais, explorar cómo abordar posibles proxectos de rehabilitación e usos futuros, pero sobre todo abrir un proceso participativo e de reflexión no que o público aporte os seus recordos, ideas, propostas ou opinións. Interviron Luis M. Salgado (cronista caldense e descendente da familia Salgado), José Bembibre Regueiro (enxeñeiro industrial), Iria López Baltar (restauradora), Juan Froján Castro (arquitecto), María América Díaz Pampín (historiadora e xestora cultural) e Jacobo Pérez Gulín (alcalde de Caldas); a mesa foi moderada por Elena Cabrejas.
Ver detalles
Caldas de Reis
Fin de semana ao son das campás, declarado pola UNESCO Patrimonio Inmaterial da Humanidade, en colaboración coa Asociación Campaneiros de Galicia e o seu presidente José Andrés Barreiro Garrido que foi guía indispensable amosándonos os toques de campás. E para campás simbólicas e ancestrais as da fundición Ocampo de Arcos da Condesa; da man do mestre Enrique López Ocampo "Chicho" achegámonos ao proceso tradicional que eles manteñen e ás características específicas que un elemento tan artesanal pero tan extremadamente preciso requiren.
Ver detalles
Caldas de Reis
Ciclo de dúas conferencias titulado "Caldas de Reis nas Cantigas de Santa María de Afonso X o Sabio", os días 19 e 26 de xuño de 2025, co obxectivo de redescubrir o legado cultural, artístico e espiritual que vincula esta vila coas célebres Cantigas de Santa María do rei Afonso X. Concretamente, a Cantiga 104, relata un milagre acontecido en Caldas a través de texto, notación musical e miniaturas.
Ver detalles
Praza de Abastos de Caldas de Reis
Doce Cordas é unha exposición fotográfica sobre o boxeo caldense a mediados do S. XX, un deporte que cobrou enorme interés e moita importancia a nivel competitivo. Esta exposición procura rescatar un episodio do noso pasado por medio dunha serie de imaxes que teñen o poder deter o tempo, que impactan, emocionan e nos axudan a coñecer mellor a vila na que vivimos, os divertimentos, paixóns e os logros deportivos dos nosos maiores.
Ver detalles
Auditorio de Caldas de Reis
Acto de presentación oficial da Asociación Terra Calda para relatar accións realizadas, obxectivos, futuros proxectos e convidar ao ingreso de novas persoas asociadas.
Ver detalles
Segade
En outubro 2024 instaláronse uns paneis ou lonas informativas na Fábrica da Luz promovidos polo Concello de Caldas, para o cal a nosa Asociación aportou proxecto técnico e contidos. Realizáronse tamén coa mesma estética e contidos uns trípticos en tres idiomas, para ser distrbuidos entre veciños e veciñas, turistas e peregrinos.
Ver detalles