Evento

Sons da Terra Calda

Fin de semana ao son das campás, declarado pola UNESCO Patrimonio Inmaterial da Humanidade, en colaboración coa Asociación Campaneiros de Galicia e o seu presidente José Andrés Barreiro Garrido que foi guía indispensable amosándonos os toques de campás. E para campás simbólicas e ancestrais as da fundición Ocampo de Arcos da Condesa; da man do mestre Enrique López Ocampo "Chicho" achegámonos ao proceso tradicional que eles manteñen e ás características específicas que un elemento tan artesanal pero tan extremadamente preciso requiren.

Toques de campás en Santo Tomé de Caldas

Vídeo de toques de campás o 22 de agosto de 2025, no marco da actividade Sons da Terra Calda, en colaboración coa Asociación Campaneiros de Galicia

Campás Ocampo

O obradoiro de fundición Ocampo remóntase ao ano 1630, cando unha familia de mestres artesáns fabricantes de campás se asentou en Arcos da Condesa. Dende entón, conservan a tradición artesanal no deseño dos moldes e a fundición do bronce, sendo o único taller de fabricación de campás de España que mantén íntegramente unha produción manual.
https://campanasocampo.es/

Campanas de Ocampo. Ministerio de Cultura

El oficio artesanal de la fabricación de campanas. Chicho Ocampo. Turismo Rías Baixas

Email