A Asociación Cultural Terra Calda ten como obxectivo principal valorizar, protexer e divulgar o patrimonio cultural e natural de Caldas e a súa comarca. Pretende fomentar o coñecemento do patrimonio, tanto material como inmaterial, promover un foro de debate sobre temas culturais e patrimoniais, divulgar e defender a riqueza da paisaxe e doutros recursos naturais e impulsar iniciativas de valorización como a creación dun centro de interpretación do noso Patrimonio.
Esta Asociación, sen ánimo de lucro, creouse oficialmente a principios de 2025, tras un ano de traballo previo como grupo veciñal con interesantes achegas. A implicación veciñal nas actividades organizadas é sempre moi satisfactoria, proba da demanda deste tipo de contidos e da necesidade de construir e coñecer a nosa historia de maneira colaborativa e participativa.
Xunta directiva
Francisco Froján Madero
Presidente
José Casal Porto
Vicepresidente
Elena Cabrejas Domínguez
Secretaria
Celestino Barros Pena
Tesoureiro
Miguel López Fariña, María José Gozález Fuentes, Fernando Salgado Varela, Luis María Salgado Sáenz
Vogais
Estatutos
Os nosos estatutos definen a folla de ruta e os principios éticos que rixen a nosa labor. Como entidade sen ánimo de lucro, priorizamos a transparencia e a participación cidadá.
Descargar estatutos completos (PDF)