Evento

Proxección Vídeo-documental nos 85 anos do descubrimento do Tesouro

Proxección dun vídeo-documental inédito realizado no ano 1992 por Xoán Domato Castro "Chicho" no que entrevista a D. Amalio Touceda, descubridor do Tesouro de Caldas. O vídeo foi facilitado á nosa Asociación por Daguerre Dixital; a calidade do son era escasa, de maneira que o tratamos con axuda do persoal do INCIPIT-CSIC para presentalo a veciños e veciñas en decembro de 2025, con motivo dos 85 anos do descubrimento. Posteriormente procedimos tamén a subtitulalo para difundilo en aberto. Porén, foinos imposible tratar a imaxe.

Proxección do vídeo-documental

Proxección do vídeo-documental e agasallo ao Concello do rótulo do bazar "El Tesoro" por parte da herdeira de Amalio e Dolores

Email