Recolle as testemuñas do Pleito Tabera - Fonseca, fonte indispensable para a comprensión da historia galega do século XV. Declaracións de preto de duascentas testemuñas que presenciaron, escoitaron ou tomaron parte no conflito. Presenta tamén o clima histórico das loitas nobiliarias e comprende unha descrición das numerosas fortalezas galegas que foron derrocadas durante esas loitas, entre elas a torre de Dona Urraca de Caldas.