Biblioteca

Cabrejas, E., Quintía, R. et al. 2018. O Patrimonio Inmaterial de Bemil

Traballo promovido polas Comunidades de Montes Veciñais da parroquia de Santa María de Bemil, que recolle parte do patrimonio inmaterial da parroquia, un patrimonio extremadamente fráxil por ser fundamentalmente de transmisión oral ou requerir dalgún tipo de participación ou acción individual ou colectiva que, de non manterse, podería condenalo á desaparición.
No estudo abórdanse tres exemplos paradigmáticos: a emblemática Festa do Ramo, as reliquias de San Xusto Mártir (que aínda que son elementos materiais teñen asociado un interesante proceso social de adquisición, rexistro cerimonial e incorporación á liturxia) e o ritual curativo da fonte do Anghenido.

O Patrimonio inmaterial de Bemil

O Patrimonio inmaterial de Bemil.pdf
Descargar / Abrir en pestaña →
Email