Ao longo do século XX apareceron en Caldas de Reis dous depósitos aureos prehistóricos da Idade de Bronce. O máis significativo, coñecido como Depósito das Silgadas ou Tesouro de Caldas I, foi localizado na Canle no Nadal de 1940 por Amalio Touceda e constitúe a acumulación de ouro máis grande dese período en todo o occidente europeo, rondando orixinalmente os 27 Kg. Ademais, alguhas das pezas son tamén únicas e excepcionais tanto pola súa singularidade como polas técnicas empregadas na elaboración. O segundo depósito, foi localizado nos anos 80 na apertura para a cimentación dun edificio na Rúa Sagasta por José Manuel Campañó, quen o entregou ao Museo de Pontevedra, e formaría parte dunha diadema decorada ou dun cinturón ou a ornamentación dos accesorios dunha vestimenta de prestixio. Unha das hipóteses é que podería formar parte dun enterramento, pero a falta dunha actuación arqueolóxica impediu coñecer o contexto.
O realmente significativo destes dous conxuntos non é o metal no que están feitos nin a súa cantidade, senón a información que poden aportar en canto a procesos tecnolóxicos de obtención e elaboración das pezas, procedencia do ouro, redes de comunicación e intercambio de obxectos e persoas que poden acadar miles de kilómetros, estratexias e establecemento de alianzas, sistemas premonetais, orixe das desigualdades sociais, prácticas rituais, lóxicas dos lugares de deposición, etc. Moitos destes estudos están aínda por realizar e poderían aportarnos valiosísima información sobre as sociedades prehistóricas que habitaron estas terras.
Entrevista a Amalio Touceda
Entrevista realizada no ano 1992 por Xoán M. Domato Castro a D. Amalio Touceda Devesa, descubridor do Depósito das Silgadas ou Tesouro de Caldas I, e á súa dona Dolores Besada Fernández.
A transcrición dos textos da entrevista foi realizada por Beatriz Comendador Rey.
Os arreglos de son e subtítulos por Rubén Vuelta Santín do Instituto de Ciencias do Patrimonio (INCIPIT - CSIC)
Acto de proxección do vídeo-documental coa entrevista a Amalio Touceda polo 85 aniversario do seu descubrimento
Imaxe do auditorio municipal o día da proxección do vídeo-documental. Ao final da velada, Encarna, herdeira de Amalio e Dolores, fixo entrega ao Concello dun agasallo especial recollido polo alcalde Jacobo Pérez, o rótulo orixinal do bazar "El Tesoro" que a parella rexentou na Rúa Real.
https://www.terracalda.org/articulo.php?id=23Publicación_El Tesoro Desencantado
Reportaxe da BBC: The enigmatic prehistoric gold treasure of Caldas de Reis
A BBC, prestixiosa televisión pública do Reino Unido, dedica unha reportaxe ao tesouro de Caldas conservado no Museo de Pontevedra. Un vídeo de Next Stop Stories conducido por Beatriz Comendador.
https://www.bbc.com/reel/video/p0gpz2qf/watchConferencia da Dra. Beatriz Comendador Rey
Conferencia de Beatriz Comendador titulada "As Silgadas, Caldas de Reis. Memoria dun tesouro vivo". Impartida o 18 de febreiro de 2022 e promovida polo Concello de Caldas.
https://www.youtube.com/watch?v=RhWNLoDGarMPodcast CEIP Plurilingüe San Clemente "Clementina Jones na procura do tesouro perdido”
"Clementina Jones na procura do tesouro perdido” é un pódcast de Radio Clementina creado polo alumnado de sexto de primaria do CEIP Plurilingüe San Clemente do curso 2025-26. Neste traballo, coordinado polo profesor do centro César Longa, colaborou a arqueóloga do CSIC Elena Cabrejas, ambos membros de Terra Calda. En apenas 10´ podedes escoitar a historia completa do achado do depósito das Silgadas, no nadal do ano 1940, e todo o que aconteceu despois. Un relato verídico, fresco, orixinal e cheo de emoción e intriga. Este traballo acadou o 2º posto na II edición dos premios de radio escolar José Hermida de Radio Pontevedra Cadena SER (maio de 2026), competindo con máis de 100 podcast doutros centros. Sen dúbida, todo un éxito!
https://www.youtube.com/watch?v=O19Jrs6TC9Q